Servizo Re-acciona de Apoio a Empresas Emerxentes Innovadoras

Cubre o formulario e participa no programa Re-acciona de Apoio a Empresas Emerxentes

Necesitades financiamento ou planificación económico-financeira na vosa startup? Queredes protexer e sacarlle partido á vosa propiedade industrial ou intelectual? Seríavos útil axuda para configurar o voso equipo humano, implantar unha tecnoloxía innovadora ou concibir o voso modelo de negocio?

É moi posible que unha dose xusta de guía e acompañamento baste para acelerar de xeito significativo o voso desenvolvemento.

O servizo Re-acciona de Apoio a Empresas Emerxentes Innovadoras, promovido por IGAPE e ofrecido por Inova, é unha solución ideal para afrontar con axilidade algunhas das necesidades clave que teñen as empresas innovadoras no seu camiño emprendedor.

Re-acciona Apoio a Empresas Emer

Que é Re-acciona

Re-acciona é un programa de promoción para pequenas e medianas empresas posto en marcha ano tras ano por IGAPE (o Instituto Galego de Promoción Económica, dependente da Xunta de Galicia).

Especialistas en distintos aspectos de interese para o tecido produtivo son habilitados por IGAPE mediante concurso público para prestar os servizos do programa. Neste 2024, un dos servizos Re-acciona é o de Apoio a Empresas Emerxentes Innovadoras, ofrecido por Inova, que busca axudar a proxectos de emprendemento a crecer e asentarse como negocios consolidados.

 

Re-acciona de Apoyo a Empresas Emergentes Innovadoras

Como funciona o servizo de Apoio a Empresas Emerxentes Innovadoras

Re-acciona

O servizo consiste nun equipo de profesionais especializados de Inova que, durante 5 meses, por un total de 100 horas de consultaría, se suma ao voso equipo para compartir obxectivos, responsabilidades e actividades.

A primeira fase do servizo supón avaliar a vosa startup para determinar as áreas onde sexa máis indicado intervir. Distínguense as seguintes:

  • Modelo de negocio: para deseñar un modelo de negocio que faga viable un produto ou servizo innovador ou constitúa un xeito innovador de aportar valor ao mercado.
  • Talento: para definir as capacidades e funcións necesarias no voso equipo e determinar vías para captar e reter talento.
  • Legal: para protexer e explotar a vosa propiedade industrial e intelectual, incorporar novos socios e/ou establecer as certificacións e homologacións necesarias para operar.
  • Financiamento: para realizar a planificación económico-financeira da empresa e identificar fontes de financiamento públicas e privadas.
  • Produto, servizo e tecnoloxía: para conducir o desenvolvemento dun produto ou servizo de xeito que estea listo para o mercado ou despregar unha solución tecnolóxica.

Nun segundo paso, determinaranse os ámbitos prioritarios de intervención e se pactarán uns obxectivos e unhas liñas de acción nos que se elixan (como mínimo, dous). Fixaranse obxectivos a medio prazo, pero tamén a curto prazo, que deberán satisfacerse no curso do servizo.

Nun terceiro paso, mediante xuntanzas de control periódicas entre o voso equipo e o equipo de Inova, iranse revisando as actividades planificadas e os impactos conseguidos, de tal modo que se podan ir adaptando os plans de accións e, en último caso, sexa posible garantir o cumprimento dos obxectivos marcados.

Adicionalmente, realizaranse sesións formativas para que as persoas participantes coñezan as distintas metodoloxías de traballo e adquiran competencias de valor para a satisfacción de expectativas.

Que aporta Inova

Queremos sumarnos ao teu equipo para facer que o teu proxecto de emprendemento innovador se consolide. Isto é o que achegamos:

  • Un equipo experto en emprendemento con capacidades profesionais en avaliación e deseño de modelos de negocio, xestión de talento, aspectos legais, financiamento e desenvolvemento de produto e tecnoloxía.
  • Unha metodoloxía de traballo áxil, centrada no cumprimento de obxectivos.
  • Unha intervención naquelas dimensións do proxecto que máis o necesiten.
  • O cumprimento dos obxectivos pactados ao inicio do servizo, como, por exemplo:
    • En modelo de negocio: a consecución dunha primeira venda.
    • En talento: a posta en marcha dun proceso de selección de persoal.
    • En legal: a tramitación dunha solicitude de rexistro dun título de propiedade industrial ou intelectual ou a redacción dun pacto de socios.
    • En financiamento: a presentación de propostas ante fondos de inversión ou convocatorias públicas.
    • En produto, servizo e tecnoloxía: a realización dun piloto en condicións reais.

Re-acciona emerxentes

Cal é o prezo do servizo e como se solicita

Todos os servizos Re-acciona están subvencionados polo IGAPE. O custe total do servizo de Apoio a Empresas Emerxentes Innovadoras é de 5.355,00 €, do que está subvencionado o 80%; é dicir, o custe para a startup usuaria é de 1.071,00 € (cun IVE total de 1.124,55 €).

Para solicitar o servizo Re-acciona de Apoio a Empresas Emerxentes Innovadoras, contacta con nós por teléfono (986227135), WhatsApp (646215729 ou correo electrónico (reacciona.emerxentes@inovalabs.es).

Se queres máis información, consulta a presentación do servizo e o folleto de requisitos e solicitude.

Cubre o formulario e participa no programa Re-acciona de Apoio a Empresas Emerxentes