Servizo Re-acciona de Circularización e optimización dos procesos de producción e cadena loxística

Necesitas mellorar o rendemento do teu negocio?

Queres que os teus procesos sexan optimizados, dixitais e circulares?

Se estás na procura de competencias e ferramentas para levar a cabo melloras significativas nos procesos operativos da túa organización, e así acelerar de maneira considerable o seu desenvolvemento, o Servizo de Circularización e Optimización dos Procesos de Produción e Cadea Loxística é precisamente o que necesitas. Este servizo, promovido polo IGAPE e ofrecido por Inova axudarache a optimizar as túas operacións e potenciar a túa competitividade no mercado actual.

Re-acciona Optimización de Procesos

Como funciona o servizo

O servizo consiste nun equipo de profesionais especializados de Inova que, durante 6 meses, por un total de 100 horas de consultaría, se suma ao voso equipo para compartir obxectivos, responsabilidades e actividades.

A primeira fase consiste nunha formación na que se explicará á empresa o Programa, os conceptos básicos sobre optimización de procesos e circularidade, así como a metodoloxía que se empregará. 

Na segunda fase realizarase unha análise dos procesos da empresa para detectar a súa prioridade e centrar nos máis críticos as posteriores sesións de traballo. O seguinte paso desta fase é a análise dos fluxos de traballo, detectando as oportunidades de mellora que finalmente serán priorizadas mediante diferentes criterios. Por último definirase o plan de acción que se executará na fase final.

Metodoloxía Re-acciona Optimizac

A terceira fase ten por obxectivo a posta en marcha do plan de acción. Aplicaranse cando menos dúas medidas de entre as seguintes: estandarización de métodos de traballo, optimización de procesos e ferramentas LEAN, programación da produción, prácticas circulares e dixitalización de procesos e cadro de mando. Tamén se fará un seguimento das medidas implantadas.

Que aporta Inova

Queremos sumarnos ao teu equipo para facer que o teu proxecto teña éxito e alcances os teus obxectivos.

Isto é o que achegamos:

  1. Un equipo experto en procesos, dixitalización e circularidade con capacidades profesionais e ampla experiencia en estandarización e optimización de procesos/fluxos de traballo e desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas dixitais para soportalos ou acadar a circularidade.
  2. Unha metodoloxía de traballo áxil, centrada no cumprimento de obxectivos.
  3. Unha intervención naquelas dimensións do proxecto que máis o necesiten.
  4. O cumprimento dos obxectivos pactados ao inicio do servizo:
    • Optimización. Redución de tempos, custos e incidencias.
    • Circularidade. Redución da xeración de residuos, das emisións, dos materiais e do consumo de recursos (enerxía e auga).
    • Dixitalización. Redución dos tempos e incerteza na toma de decisións, así coma o incremento da autonomía dos operarios.

Descarga aquí a presentación do servicio

Cal é o prezo do servizo

Todos os servizos Re-acciona están subvencionados polo IGAPE. O custe total do servizo é de 6.300,00 €, do que está subvencionado o 80%; é dicir, o custe para a peme ou entidade usuaria é de 1.260,00 € (cun IVE total de 1.323,00 €).

Para solicitar o servizo Re-acciona de Circularización e Optimización dos Procesos de Producción e Cadea loxística, contacta con nós por teléfono (986227135) ou correo electrónico (reacciona.optimizacion@inovalabs.es).

Cubre o formulario para participar no programa Re-acciona

Contacta con Inova para impulsar la competitividad de tu negocio

1 + 3 =