InnovaPeme: mide as opcións das túa peme con esta ferramenta

Autoavaliación InnovaPeme

Innovapeme, o programa para impulsar a innovación en Galicia

Arranca unha nova convocatoria de InnovaPeme, o programa da Axencia Galega de Innovación –GAIN– coa que trata de promover as vantaxes da impulsar a I+D+i nas pequenas e medianas empresas galegas.

GAIN, que manterá durante un mes aberto o prazo de presentación de solicitudes, avaliará os proxectos que soliciten entrar en InnovaPeme seguindo tres grandes categorías:

  1. Avaliación da empresa solicitante (20 puntos)
  2. Estudo do plan de innovación presentado (68 puntos)
  3. Análise dos resultados esperados pola implantación do plan (12 puntos)

Fácil de usar e de descargar os resultados

Como podedes ver, a avaliación realízase sobre un total de 100 puntos que se outorgarán atendendo aos obxectivos e aspectos técnicos e económico-financeiros do plan de innovación. Ademáis, considerarase a súa potencialidade para xerar valor económico.

Para axudarche a calibrar se a túa empresa ten posibilidades de beneficiarse das axudas económicas e do asesoramento de Inova na implantación dun plan de Inovación hoxe traémosche unha ferramenta que disipará toda dúbida.

Autoavaliación InnovaPeme

A ferramenta incorpora tódolos criterios que terá en conta GAIN na avaliación do teu proxecto. É dicir: se cobres tódolos campos solicitados podes facerte unha idea de se podes o un non ter éxito. Tamén inclúe un botón de descarga para que poidas obter o resultado da autoavaliación en PDF e analizar  máis en detalle os resultados.

Para ter as máximas posibilidades, recomendamos que o plan de innovación que presentes á nova convocatoria de InnovaPeme supere os 80 puntos.

Autoavaliación InnovaPeme 2022

Categorías de avaliación

Empresa (20 puntos)

Dentro do apartado empresa, GAIN premia, entre outros aspectos, que a túa sociedade teña menos de 10 traballadores. É dicir, que sexa unha micropeme. Tamén puntúan mellor aquelas compañías que están radicadas en zonas despoboadas e rurais.

Asimesmo, acreditar un cadro de persoal onde as mulleres sexan maioría tamén engade puntos as empresas aspirantes, o mesmo que contar cun plan de responsabilidade social empresarial ou demostrar compromiso co medio ambiente.

Plan de innovación (68 puntos)

Cómo é lóxico, o plan de innovación será a categoría que se levará boa parte das miradas dos avaliadores. Ou o que é o mesmo: será a que recibirá a maioría dos puntos no proceso de selección de proxectos para InnovaPeme 2022.

GAIN premiará aqueles plans de innovación que presenten uns criterios de viabilidade técnica e metodolóxica máis claros e sólidos.

A coherencia económica-financieira, a diversificación de actividades dentro do plan ou o grado de definición e adecuación das accións previstas cos obxectivos do plan puntuarán máis que outros anos.

Ferramenta InnovaPeme 2022

Impacto do plan (12 puntos)

Para a convocatoria 2022, InnovaPeme terá moi en conta o impacto internacional que poida ter a implantación do plan de innovación.

Dende GAIN subliñan que a repercusión en termos de imaxe que poida ter a implantación do plan de innovación na empresa terase moi en conta á hora de avaliar o proxecto. Ademáis, tamén os efectos que poida ter no ecosistema empresarial galego o desenvolvemento de proxectos viables de I+D+i será considerado como algo positivo.

¿A razón? Seguir demostrando que a nosa terra tamén é terreo aboado para a innovación.

O mesmo ocurre co fornecemento da I+D+i dentro da empresa grazas á implantación das medidas incluidas no plan.

Contacta con Inova

Agora que xa coñeces cales son algunhas das liñas xeráis que terá en conta GAIN para avaliar o teun plan de innovación so che queda clicar na ferramenta e poñer a proba o teu proxecto e a capacidade innovadora da túa empresa.

Se queres ter máis información sobre o programa podes descargarte un resumo sobre o programa InnovaPeme 2022 elaborado por Inova

Se xa o tes moi claro e non podes agardar máis para deseñar o teu plan de innovación con Inova como partner, escríbenos unha mensaxe ao correo a.vazquez@inovalabs.es ou n.nogueira@inovalabs.es

Autoavaliación InnovaPeme

 

INOVA: CONSULTORA TECNOLÓGICA
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.