Transición Enerxética

áreas

Transición enerxética

A transición enerxética e a descarbonización son os dous piares nos que se basea a loita contra o cambio climático. Inova quere ser parte da transformación axudando aos seus clientes nos seus procesos de implantación dos sistemas enerxéticos do futuro: descarbonizado, descentralizado e dixitalizado.

Perspectiva

Hai varias formas de afrontar o complexo desafío da neutralidade en carbono.

Na propia Inova abordámolo desde diferentes perspectivas. Colaboramos con portos e axentes de todo o mundo para analizar os diferentes combustibles alternativos dispoñibles para o transporte marítimo. Avaliamos e planificamos a implantación de sistemas de subministración eléctrica para buques en porto (OPS). 

 

Traballamos sobre as posibilidades da mobilidade sostible e, máis concretamente, sobre como implantar e xestionar flotas de vehículos eléctricos. Colaboramos con empresas e administracións públicas para mellorar a súa eficiencia enerxética e implantar fontes de enerxía renovables. Aproveitamos as posibilidades da dixitalización para axudar á industria a desenvolver solucións de Enerxía 4.0.

E seguimos niso. O noso enfoque é o da innovación e o noso compromiso é o da loita contra o cambio climático.

Como o facemos?

plans de transición enerxética

plans de transición enerxética

Desenvolvemento de estratexias completas de descarbonización con actuacións planificadas.

estudos técnicos

estudos técnicos

Realización de estudos enerxéticos e análises de viabilidade e rendibilidade para a toma de decisións enerxéticas coas debidas garantías.

dixitalización enerxética

dixitalización enerxética

Desenvolvemento e implantación de solucións enerxéticas dixitais a través das cales obter beneficios económicos, ambientais e estratéxicos.

Transición Enerxética

A enerxía move o mundo, pero é tamén a chave para preservalo: a transición cara á eficiencia enerxética e as fontes renovables son o camiño.

Os nosos traballos recentes

                INOVA: CONSULTORA TECNOLÓGICA
                Privacy Overview

                This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.