ÁREAS
Deseño Estratéxico
A través de metodoloxías e ferramentas holísticas que abranguen os 360º da organización e o seu contexto durante 365 días, formulamos estratexias para identificar oportunidades e transformalas en valor para empresas, entidades do sector, organizacións intermedias e administracións públicas.
Perspectiva
Que os plans estratéxicos non estean de moda probablemente sexa froito da acción dalgún plan estratéxico… Bromeamos. Pero quizais non do todo.
A planificación estratéxica (é dicir, pararse a percibir a situación, entendela, formular a acción de resposta correspondente e levala a cabo) é hoxe tan necesaria e rendible como sempre. As organizacións que se entenden mellor a si mesmas e ao seu contexto e actúan en consecuencia anticipan con máis facilidade os desafíos e superan con maior fluidez.
O que cambiou, quizais, é a forma de facer estratexia. Existen novas metodoloxías e ferramentas que permiten ás organizacións acadar con facilidade algúns fins que, ata agora, estaban ao alcance de poucos:
Obter información estruturada, actualizada, veraz e de fácil comprensión sobre todos e cada un dos aspectos críticos que condicionan o funcionamento da organización.
Integrar na reflexión estratéxica non só ao equipo directivo interno, senón a todos os actores internos e externos con papel que desempeñar no cumprimento dos obxectivos da organización.
Facer da planificación estratéxica non unha actividade puntual e obsoleta, non un documento caduco ao pouco de ser publicado, senón unha ferramenta de funcionamento ininterrompido, un proceso sistemático que engade regularmente valor aos grupos de interese.
Así facemos estratexia en Inova. Para consumo propio e para consumo alleo. 360 graos durante 365 días”.
Como o facemos?
análise estratéxico e benchmarking
Realización de estudos analíticos e identificación de tendencias en mercados, sectores produtivos, territorios e áreas tecnolóxicas.
PLANIFICACIÓN ESTRATÉxICA
Deseño, implantación e seguimento de plans estratéxicos de mellora competitiva, crecemento e viabilidade e sustentabilidade futuras.
ECOSISTEMAS
Identificación e dinamización dos axentes que conforman o ecosistema da organización para a súa incorporación á formulación estratéxica.