Empresa Inova

Empresa

Visión

Transformar tendencias emerxentes de innovación, estratexia, sustentabilidade e dixitalización en solucións tanxibles.

Misión

Proporcionar a empresas, entidades intermedias e administracións públicas solucións avanzadas de consultaría tecnolóxica e de enxeñaría nas áreas de innovación, estratexia, dixitalización e sustentabilidade.

Valores

COMPROMISO  coa sustentabilidade

COMPROMISO coa sustentabilidade

ORIENTACIÓN A RESULTADOS

ORIENTACIÓN A RESULTADOS

RESPEcTO POLAS PERSONAS

RESPEcTO POLAS PERSONAS

centralidade no cliente

centralidade no cliente

Axilidade e transparencia

Axilidade e transparencia

MENTALIDADE INNOVADORA

MENTALIDADE INNOVADORA

Integridade e ética

iNTEGRIDADE E ÉTICA

capacidade executiva

capacidade executiva

Colaboración en equipo

Colaboración en equipo

Os nosos comezos

Inova naceu en 2003 co afán de aportar aos nosos clientes solucións de vangarda capaces de xerar valor.

Comezamos por preocuparnos por comprender a innovación e como se podería sistematizar e optimizar. 

Máis tarde, colaboramos na implementación de metodoloxías de optimización de procesos Lean Manufacturing en empresas de automoción.

Entón entramos no mundo da sustentabilidade, abordando proxectos para reducir as emisións contaminantes ligadas ao tráfico marítimo e portuario e ás iniciativas de mobilidade eléctrica.

 

 

Inova medra

Axudamos a centos de pemes a transformar os seus modelos de negocio, xerar redes de colaboración, dixitalizarse, atopar financiamento, innovar e mellorar.

Participamos decisivamente na orixe do ecosistema de emprendemento galego e deseñamos e xestionamos programas de aceleración de proxectos innovadores. 

Nembargantes, a aprendizaxe é o principal, o que realmente fai que o proxecto experimente avances significativos e que vaian na dirección correcta. 

Ese é o noso foco. E con el afrontamos a nosa tarefa con empresarios, programas de emprendemento, aceleradoras, institucións e investidores especializados. 

Aclaramos, por certo, que os nosos servizos non inclúen cafeteira, futbolín e carteis motivacionais, pero si todo o demais.

2003

Sistematización do proceso de innovación, definición de estratexias de innovación e competitividade y deseño de proxectos de I+D+i

Optimización de procesos industriais e adopción da metodoloxía Lean Manufacturing

g

2007

2012

Análise e prescrición de tecnoloxías enerxéticas eficientes e sustentables

Deseño, desenvolvemento e xestión de programas de aceleración de proxectos de emprendemento innovador

2014

2016

Definición de la estratexia de dixitalización industrial, análise e prescrición de habilitadores dixitais e formación en Industria 4.0

Desenvolvemento de solucións de analítica avanzada, intelixencia artificial e intelixencia de negocio

2018

2021

Impulso á dixitalización e á economía circular.

Inova hoxe

Propostas para afrontar os desafíos do mercado

O auxe da innovación e o emprendemento, a necesidade de transferir coñecemento e tecnoloxía, a urxencia da sustentabilidade e a economía circular e a aceleración da transformación dixital leváronnos a incorporar novos coñecementos e talento ao noso equipo e a reorganizar e ampliar as propostas que ofrecemos aos nosos clientes.

Carla Piñeiro

Gústanos o que facemos e ese é o noso principal activo

Somos vinte profesionais rodeados dun amplo ecosistema de socios e colaboradores, de xeito que temos unha rica diversidade de coñecemento e capacidades que nos permiten ter unha comprensión completa dos problemas dos nosos clientes e ofrecerlles solucións globais. E ademais, encántanos o que facemos.

GALEGA CON VOCACIÓN UNIVERSAL

    • Inova é unha empresa nacida e radicada en Galicia que, nembargantes, traballa cunha perspectiva global para atender a clientes nacionais e internacionais.
    • Entre os seus clientes atópanse pemes, grandes empresas e conglomerados, asociacións sectoriais e clústeres, administracións públicas nacionais, autonómicas e municipais, autoridades portuarias, centros tecnolóxicos e centros de investigación.

LA INDUSTRIA, PARTE DE NUESTRO ADN

    • Alberto Casal, socio fundador de Inova, desenvolvera a súa carreira profesional como executivo en distintas empresas do Sector de Automoción de Galicia.
    • A propia Inova colaborou na creación de CEAGA, o clúster do sector, e de BFAuto, a súa aceleradora vertical de startups innovadoras.
    • Ao longo da súa existencia e ata o día de hoxe, Inova mantivo un vínculo estreito coa industria do automóbil e foise abrindo a outros sectores indutriais como o metalmecánico, o alimentario ou o naval.

A INNOVACIÓN, UNHA CONSTANTE

  • Destinamos parte da nosa facturación anual a actividades de innovación e participamos en proxectos de I+D+i financiados a través de convocatorias autonómicas, estatais e europeas.
  • O selo de Peme Innovadora outorgado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e a distinción de empresa innovadora do Informe Ardán recoñecen a nosa traxectoria neste ámbito.

EMPRENDEMENTO E TRANSFERENCIA

  • Encántanos emprender e, de algún xeito, nunca deixamos de facelo, para nós mesmos e para terceiros. A nosa especialidade consiste en converter as últimas tendencias tecnolóxicas y metodolóxicas en solucións tanxibles, que poidan empregarse no día a día das empresas e institucións.
  • A nosa spin-out TechEye, creada en 2018, é a aposta de Inova pola visión e a intelixencia artificial. Foi seleccionada por BFAuto e mentorizada pola empresa Plastic Omnium.

COMPROMISO COA IGUALDADE

  • Apostamos por implementar políticas de igualdade na nosa empresa. Proba delo é a composición equilibrada da noso plantel de profesionais entre homes e mulleres, circunstancia que nos servíu para recibir o recoñecemento que destaca ás empresas comprometidas coa Igualdad de Xénero que outorga Zona Franca de Vigo.

TECNOLOXÍA

  • Nos transformamos constantemente, ao ritmo dos desafíos que se experimentan no mercado e a sociedade. A tecnoloxía ocupa un papel cada vez máis importante na nosa proposta de valor e no noso xeito de traballar.
  • A dixitalización é unha prioridade para as nosas operacións e o noso xeito de entendela capacidade que temos de aportar valor a los clientes.

Entidades das que formamos parte

  • Inova forma parte da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), a maior comunidade de executivos de España.
  • Somos integrantes de  DIHGIGAL, o hub galego que agrupa ás principais empresas e entidades que apostan pola dixitalización e a innovación dos sectores industriais de Galicia.
  • Inova está integrada en VIRATEC, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular.
  • Somos socios do Clúster Tic de Galicia.
  • Formamos parte do Comité Externo que avalía a calidade do Master de Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela.