Desenvolvemento de Centros de Coñecemento

ÁREAS

Desenvolvemento de CENTROS DE Coñecemento

As universidades, centros e grupos de investigación teñen en Inova a un colaborador experimentado que os axuda a canalizar con éxito os seus procesos de transformación e crecemento.

Perspectiva

Os centros de coñecemento e, en particular, o ecosistema universitario, teñen un papel fundamental para facer que os sectores produtivos despeguen desde o punto de vista da innovación, a sustentabilidade e a tecnoloxía. Xeran coñecementos de vangarda, medios e talento de extraordinario valor, cunha potencialidade moi elevada para transformarse en propostas de valor diferenciais, tanto para o mercado profesional e privado como para o conxunto da sociedade.

En consecuencia, a tarefa de contribuír ao desenvolvemento dos centros de coñecemento é prioritaria para afrontar os grandes problemas que nos acosan, como o cambio climático, as inxustizas sociais, o acceso desigual á tecnoloxía ou a perda de competitividade.

Porén, en Inova soubemos que, para levar a cabo este traballo con éxito, como en moitos outros campos, é necesario coñecer e ter experiencia. Así, contamos con diferentes metodoloxías e procedementos e cun equipo experimentado de persoas para orientar os centros de coñecemento no camiño do desenvolvemento e do crecemento.

Como o facemos

análise e estratexia

análise e estratexia

Deseño de follas de ruta para a innovación, mellora competitiva e crecemento que garantan a viabilidade futura, identificando os agentes que forman parte do ecosistema e fomentando a súa participación.

difusión e comunicación

difusión e comunicación

Deseño , posta en marcha e control de plans de difusión e comunicación cos que posicionar de xeito ventaxoso á entidade no seu ecosistema.

convocatorias / candidaturas

convocatorias / candidaturas

Asesoramento no ámbito estratéxico, na recopilación e estructuración da información e na cumplimentación dos modelos para a presentación da documentación.

xestión de unidades de investigación

xestión de unidades de investigación

Para a posta en marcha, seguimeento e control dos plans de acción; evaluación e estructuración do plan económico-financieiro; e desenvolvemento de dinámicas de colaboración multidisciplinar para a formulación de proxectos/servizos conxuntos.

Desenvolvemento de Centros de Coñecemento

Coñecemos o ámbito académico e cremos profundamente na súa misión e no seu potencial innovador e transformador. O sector privado, a sociedade e a universidade conforman unha triple hélice de cuxa interacción depende de que sexamos capaces de construír un futuro mellor.

Os nosos traballos recentes

          INOVA: CONSULTORA TECNOLÓGICA
          Privacy Overview

          This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.