I+D+I/FEDER/FSE

Unha maneira de facer Europa

Colaboración público-privada para afrontar os retos do futuro

Inova leva anos desenvolvendo proxectos de I+D+i da man de programas públicos como os que propón o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE), o Plan Next Generation, a Comisión Europea ou a Xunta de Galicia.

SMART LEAN PLATFORM FOR PEOPLE (SLP4P)

A nosa empresa foi unha das beneficiarias da convocatoria Conecta Hubs para a realización de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de Innovación Dixital, cuxa concesión foi publicada o 18 de outubro de 2021. Dentro desta convocatoria, Inova lidera o consorcio integrado por Meifus Industrial, Xoia Software, TI Automotive e Inova Labs para levar adiante o proxecto Smart Lean Platform 4.0 People (SLP4P).

Dentro da citada convocatoria, o proxecto é subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e con cargo aos fondos FEDER para o desenvolvemento rexional, así coma apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

 O proxecto SLP4P pretende acadar o desenvolvemento dunha nova plataforma intelixente capaz de monitorizar procesos industriais, prever a súa evolución e dotar de información e recomendacións específicas para os operarios de ditos procesos, empregando innovadoras tecnoloxías tales como ferramentas de captación de datos, aprendizaxe automático e Realidade Aumentada.

Gain Feder

Desta maneira, os traballos do proxecto dan como resultado un sistema integral de control e soporte intelixente que pode ter un notable impacto sobre a eficiencia, sostenibilidade e calidade da nosa industria, en liña co obxectivo temático 3 do Plan FEDER Galicia 2014-2020, de conseguir un tecido empresarial máis competitivo. 

Dende o inicio do proxecto e ata decembro de 2021, INOVA centrou as súas actividades na esquematización das funcionalidades da plataforma, a especificación técnica de ferramentas de analítica de datos e Intelixencia Artificial e a definición e selección final de conxuntos de datos a emprgar polos motores de Intelixencia Artificial. También arrancou o deseño e desenvolvemento dos sistimas avanzados de Intelixencia Artificial (motores de recomendación).

LNG PROTOTYPE PACK

Inova uniuse a un consorcio xunto con Gabadi, Neo-CH4 Galicia e Vicus dt para o desenvolvemento dun prototipo de tanque de membrana para almacenar Gas Natural Licuado e un sistema de xestión de combustible compacto e seguro que beneficiaría ás navieiras e compañías enerxéticas. 

O noso traballo desenvolveuse en tres áreas:

Gain

1. Avaliar a seguridade no funcionamento do sistema mediante as probas de validación de prototipos.

2. Establecer restricións relacionadas coa seguridade no despregamento da tecnoloxía a maiores escalas (operacións e bunkering).

3. Determinar a viabilidade económica do sistema proposto mediante un estudo de custos e unha comparación da tecnoloxía con outras opcións do mercado.

O proxecto permitiu definir os criterios de seguridade a empregar; desenvolver un funcionamento seguro do sistema definindo os principais riscos e determinando que a instalación do pack resultou rendible, tanto para a naviera como para o provedor, tendo en conta todos os custos necesarios para a produción e a explotación.

CEF SAMUE-LNG FOR A BLUE ATLANTIC ARCH

Inova participou no proxecto a través do Mecanismo Conectar Europa (CEF) para o Transporte da Unión Europea. Foi unha iniciativa internacional colaborativa na que tamén participaron firmas de Xixón e Francia (Nantes – Saint-Nazare; Le Havre e Rouen) que promoveu o uso do gas natural licuado como combustible mariño respectuoso co medio ambiente.

Convocatoria CEF-EU

O obxectivo era despregar o uso deste combustible no Corredor Atlántico mediante a adaptación dun buque en Francia e o desenvolvemento de solucións para subministrar GNL en Vigo e Xixón. Xunto a Ghenova e Suardiaz e a supervisión do Porto de Vigo, Inova participou en dúas áreas de actividade:

  1. O deseño técnico dun dispositivo flotante para subministrar GNL como combustible no Porto de Vigo.
  1. O estudo sobre o potencial de subministración de GNL a un buque Ro-Ro da navieira Suardiaz.

OPS MASTERPLAN FOR SPANISH PORTS

O proxecto OPS Plan Director de Portos Españois busca a elaboración dun Plan Director para a subministración de enerxía eléctrica aos buques durante a súa estadía nos portos españois.

 O proxecto está financiado pola UE e está liderado por Puertos del Estado e agrupa a un consorcio de 13 entidades, tres delas autoridades portuarias.

OPS Master Plan Spanish Ports

A iniciativa enmárcase no Marco Nacional de Acción que España deseñou para cumprir os compromisos comunitarios en relación co desenvolvemento de infraestruturas para a subministración de combustibles alternativos no sector do transporte, en cumprimento da Directiva 2014/94/UE.

O proxecto abrangue o desenvolvemento e implantación de sistemas de subministración eléctrica terrestre (OPS) en tres portos españois de interese xeral: Santa Cruz de Tenerife, Las Palmas de Gran Canaria e Palma de Mallorca e a adaptación de buques para posibilitar a súa conexión á rede xeral. eléctrica.

O proxecto OPS Masterplan for Spanish Ports inclúe a realización de estudos transversais en materia normativa, técnica e ambiental co obxectivo de identificar cales son as posibles barreiras existentes e propoñer as medidas necesarias para implantar as tecnoloxías para levar a bo porto o plan.

FERRAMENTA DE CÁLCULO AVANZADO PARA EFICIENCIA ENERXÉTICA

Da man do Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020 do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial do Ministerio de Industria, Inova desenvolveu unha Ferramenta de Cálculo Avanzada para a Eficiencia Enerxética.

cdti

O obxectivo do proxecto é deseñar e desenvolver un instrumento que permita identificar elementos de mellora e eficiencia na xestión enerxética de áreas comerciais, industrias, estacións de transporte ou portos.

1. Definición da ferramenta, alcance e estudo do mercado potencial nos sectores industrial e comercial e nos ámbitos marítimo-portuarios.

2. Modelizado de instalacións de destino para axudar a definir as estruturas necesarias para atender diferentes tipos de consumidores.

3. Identificación das fontes de datos que precisará a ferramenta para realizar as simulacións e definición das características para a súa implantación.

4. Avaliación comparativa do impacto das solucións e deseño e optimización dun algoritmo para establecer a mellor combinación en relación ao aforro enerxético.

TECHEYE SME INSTRUMENT

O proxecto TechEye propón unha solución de visión artificial dirixida a detectar defectos de fabricación dentro da industria. O obxectivo é facilitar a produción flexible e áxil mediante sistemas de control de calidade baratos baseados na visión artificial e axeitados para todo tipo de tarefas.

SME INSTRUMENTE UE TECHEYE

 

TechEye é unha solución baseada en intelixencia artificial que inclúe maquinaria de imaxe precisa, un sistema de comunicación, un programa de procesamento de imaxes e unha interface web para a visualización de datos.

A solución require un investimento mínimo, pódese trasladar dun punto a outro da liña de produción e pode reciclarse para realizar calquera tarefa de control no proceso de fabricación.

Ademais, TechEye pode funcionar de forma autónoma ou integrada nos sistemas da planta. O proxecto aumenta a calidade e reduce os custos totais no novo entorno da Industria 4.0.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO TECHEYE, AQUÍ

 

Talento senior

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Xunta de Galicia, lanzou no 2019 o programa Talento Sénior. Trátase de axudas para a contratación de personal ás que se acolleu Inova para mellorar os seus perfís de alta cualificación ligados á de I+D+i. A

Talento Senior
INOVA: CONSULTORA TECNOLÓGICA
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.