Bonos de Innovación de GAIN
A Axencia Galena de Innovación (GAIN) lanzará no mes de xuño os chamados Bonos de Innovación 2022. Unha liña de axuda que prevé ata 35.000 eruos para financiar actividades de I+D+i nas micropemes e pemes de Galicia.
O obxectivo desde programa é o de garantir a viabilidade y competitividade as pequenas empresas do país apostando pola I+D+i como ferramenta para dar resposta aos desafíos dos novos tempos e ás esixencias do mercado.
GAIN destinará un millón de euros para subvencionar custes de contratación de servizos externos efectuados dende o 1 de xaneiro e o 21 de outubro de 2022 por consultoras tecnolóxicas especializadas como os que presta Inova.
O prazo para presentar solicitudes arranca o 10 de xuño e remata o 11 de xullo. Para a concesión das subvencións se seguirán criterios de concurrencia competitiva
Actividades e custes subvencionables nos Bonos de GAIN
Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación
Beneficiarios: microempresas e pequenas empresas de Galicia
Excluídos: beneficiarios de InnovaPeme 2017, 2019, 2020 e 2021 Custos da protección do coñecemento da I+D+i industrial nas empresas:
- Tramitación de novas patentes, modelos de utilidade e os dereitos de propiedade industrial que se solicite en España, excluíndose o mantemento ou ampliación das existentes.
Custos da transferencia de coñecemento:
- Accións para levar a mercado ou implementar os resultados da investigación e innovación industrial.
- Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado do arte.
- Estudos de viabilidade tecnolóxica e industrial.
Custos das accións estratéxicas que conduzan ao desenvolvemento ou comercialización de novos produtos, procesos e servizos que conduzan á mellor da competitividade empresarial en etapas previas á comercialización:
- Estudos de viabilidade tecnolóxica, industrial e de mercado.
- Deseño de novos produtos, servizos ou procesos industriais.
- Reconfiguración e redeseño de novos produtos e servizos.
- Accións de testeo, validación, verificacións ou accións destinadas ao cumprimento de especificacións.
- Deseño, implantación e mellora de sistemas de xestión e organización da innovación: certificacións da especificación EA0047 “Requisitos para a consideración como Pequena ou Mediana Empresa innovadora”, EA0043 ”Requisitos da Xove Empresa Innovadora” e as incluídas na serie de Normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da “Xestión da I+D+i” e outras certificacións específicas de I+D+i.
Liña 2. Bonos para a xestión do financiamento da innovación: actividades de xestión, contratadas cos axentes especializados
Beneficiarios: microempresas, pequenas e medianas empresas
Excluídos: beneficiarios de Innovapeme 2020 e 2021
- Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i correspondentes ao exercicio fiscal de 2021 conducentes á obtención do certificado fiscal e/ou informe motivado vinculado (TIPO A).
- Solicitude de financiamento para proxectos ou actuacións de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais tanto individuais como cooperativos (TIPO B).
Dúas liñas de financiamento non autoexcluíntes
GAIN prevé que cada empresa poda pedir nunha mesma solicitude un bono que inclúa liñas incluidas en calqueira das dúas líñas de subvencións.
É dicir: as interesadas poden solicitar financiamento para afrontar actividades de xestión da innovación, por poñer un exemplo, e para o desenvolvemento dun servizo ou produto innovador.
Desta maneira as empresas poden apostar por proxectos máis sólidos e ambiciosos que abranguen tódalas actividades innovadoras que se lle presupón a este tipo de proxectos.
Iso si: as empresas vinculadas, asociadas ou pertencentes a un mesmo grupo empresarial só poderán obter unha axuda en cada unha das liñas.
Ata o 70 por cento do investimento subvencionado
As subvencións que reciban as empresas beneficiarias estarán suxeitas a mínimis e serán concedidas en forma de subvención non reembolsable.
A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada beneficiario se determinará sobre a inversión total que se subvenciona:
- Liña 1 (Apoio á innovación) A subvención poderá acadar ata o 70% para investimentos de entre 30.000 a 50.000 euros.
- Liña 2 (Xestión do financiamento) A subvención poderá acadar o 70% ata un máximo de 5.000 euros para cada unha das tipoloxías da liña.
Se queredes más información sobre o programa Bonos de Innovación de GAIN ou de outras axudas para subvencionar actividades de de I+D+i enviádenos un mail a a.vazquez@inovalabs.es