En que consiste o programa?

Reacciona é un programa do Igape, coa colaboración de Amtega, que pon a disposición das pemes galegas servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización, cofinanciado polo fondo europeo de desenvolvemento rexional no marco operativo feder Galicia 2014-2020.
Estos servizos serán despregados por entidades consultoras acreditadas e con experiencia na implantación de proxectos de transformación estratéxica e dixitalización.
En concreto, Inova Labs pon a disposición das empresas “servizos de apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade”.

Que me aporta o programa?

O programa permitirá ás pemes dispor de:
Procesos internos ou de negocio novos ou mellorados.
Metodoloxía de elaboración do plan operativo para a adopción de solucións innovadoras para a xestión empresarial en mobilidade.
– Implantación, posta en marcha e seguemento dunha das solucións dixitais innovadoras que impacte na optimización dos procesos da empresa, obtendo maior eficiencia e axilidade.

Cal será a metodoloxía seguida dos servizos?

Por unha banda, seguirase unha liña de traballo de carácter máis estratéxico, na que se definirá o plan operativo que contemple a incorporación das solucións dixitais con maior impacto nos procesos chave.
Por outra banda, unha liña máis operativa na que se xestionará e apoiará á empresa na implantación da/s solución/s seleccionadas.
As fases a despregar serán as seguintes:
– Análise
Estudo das solucións dixitais que poden xerar maiores oportunidades de mellora no modelo de negocio da compañía.
– Deseño do plan operativo
Priorización das solución con maior impacto na compañía e definición da folla de ruta para a súa implantación.
– Implantación e posta en marcha
Configuración e implantación da solución dixital priorizada.
– Seguemento
Acompañamento e supervisión do uso da solución dixital, dando soporte para a resolución de incidencias.

Cal é a duración do servizo?

O despregue dos servizos terá unha duración de seis meses.

Quen me asesorará?

A UTE Inova Labs e Balidea é a encargada da xestión dos servizos de implantación de solucións de xestión empresarial en mobilidade.

Cal é o coste do servizo?

O coste do servizo varía en función do tamaño da empresa:
Tarifa A Micropemes: 650€
Tarifa B Pemes pertencentes a un cluster: 950€
Tarifa C Pemes restantes: 1.300€

Axudámosche?

Se tes algunha consulta sobre o programa, envía un email a inova@inovalabs.es ou e.gestoso@inovalabs.es