Que é o Programa AgroBiotech Innovación?
Agrobiotech é un programa de aceleración dirixido ao impulso e o crecemento sustentable das pemes innovadoras galegas en tres sectores estratéxicos: biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa. Desde o mes de setembro deste ano estase a levar a cabo a segunda edición do Programa AgroBiotech Innovación.
Antecedentes
No ano 2015 o Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. (PTG, S.A.) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) poñen en marcha o programa Centro de Excelencia para o impulso do crecemento sustentable da peme innovadora galega – “AgroBiotech Innovación”. Esta primeira edición tivo como fin xerar dinámicas de apoio aos equipos directivos das empresas para fomentar o emprendemento de sendas de crecemento sustentable desde a valorización do coñecemento, a innovación, a internacionalización e o reforzamento das súas capacidades financeiras e de management.
Indicadores da primeira edición.
Cómo funciona?
Nesta nova edición perseguiuse o desenvolvemento dun programa de aceleración que impulsara o crecemento de 10 pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica, con alguna actividade industrial, comercial ou de servizos pertencente ao eido biotecnolóxico ou ao eido agroalimentario.
Estase a desenvolver un plan de traballo práctico, orientado tanto a aumentar o seu potencial innovador así coma a favorecer o desenvolvemento de novos produtos e servizos innovadores. O seu fin é establecer relacións con novos socios e facilitar a transferencia e o acceso de información entre empresas.
Encontro da primera Edición do Programa Agrobiotech Innovación
Cales son os obxectivos da II Edición do programa?
Mediante o apoio dun quipo consultor, as empresas tratan de identificar e activar aspectos vinculados á estratexia, situación de mercado e funcionamento organizativo. O obxetivo disto é fortalecer as capacidades das empresas participantes co fin, entre outros, de:
- Mellorar a capacitación na xestión empresarial e nos modelos organizativos.
- Ampliar a comercialización de produtos e servizos innovadores.
- Desenvolver novos produtos e servizos con socios nacionais e internacionais nun marco de innovación aberta.
Ademais, estanse a desenvolver servizos de aceleración comúns ás pemes participantes por áreas de interese/necesidade que permiten compartir coñecementos, establecer sinerxías e facilitar o crecemento conxunto. Algunhas das xornada de capacitación programadas están relacionadas coa comunicación na xestión de relacións, a transformación dixital para empresas do sector ou o impulso de novos mercados a través da proposta de valor.
Itinerarios personalizados
Actualmente, as empresas están a desenvolver diferentes itinerarios personalizados de aceleración deseñados a medida de cada peme participante despois dun proceso de análise e de detección de necesidades.
Desde Inova Labs xunto con Serviguide responsabilizámonos de levar a cabo o desenvolvemento desta parte a través do asesoramento de titores expertos, e de acompañalas ao longo de todo o proceso de execución do itinerario personalizado.
De esta maneira, aspírase a que no prazo de dous anos tras a súa participación, as empresas participantes consigan, entre outros:
- Avanzar na senda da innovación aumentando notablemente o seu potencial innovador, reflectido na dependencia das súas vendas dos produtos introducidos no mercado.
- Experimentar un crecemento significativo reflectido en cifras de facturación.
- Presentar unha maior diversificación das súas vendas chegando aos mercados exteriores.
Próximos eventos
II Encontro Agrobiotech Innovación – 26 e 27 de outubro.
Ubicación: Tecnópole – San Cibrao das Viñas
Acción transversal do programa diseñada para abrir novas oportunidades de negocio.
A primeira edición, celebrada en novembro de 2015, foi todo un éxito, dándose cita máis de 400 representantes de empresas e centros de investigación dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario y da biomasa. Ao Encontro acudiron concretamente 449 personas e interviron como ponentes 51 expertos de recoñecido prestixio nacional e internacional. Durante o Encontro, ademais, tuvieron lugar 132 reunións one-to-one previamente planificadas.
Pode acceder ao programa no seguinte enlace >> Programa do evento
Para inscribirse ao programa clique aquí.